Cuidando dos nosos

Axuda no fogar

Somos unha entidade de atención domiciliaria, autorizada e homologada pola Xunta de Galicia, que presta servizos de atención sociosanitaria en toda a comunidade, a maiores ou persoas que presentan algún tipo de dependencia, discapacidade ou enfermidade.

A nosa finalidade fundamental é mellorar a calidade de vida, tanto dos usuarios do servizo como dos seus familiares ou persoas implicadas.

Os nosos servizos van dende media hora o día ata as 24 horas os 365 días do ano;

  • Aseo e hixiene persoal
  • Visitas o médico
  • Movilizacións
  • Axuda na alimentación (preparar comidas, control de dietas, dar comidas, compras)
  • Tarefas domésticas (limpezas, organización do fogar, revisións das instalacións…)
  • Paseos, acompañamentos e conversas

Dende Idades baseámonos na calidade e na profesionalización do servizo, cun equipo humano formado por coordinadores, traballadores/ás sociais, enfermeiros/ás, auxiliares de axuda no fogar... que velan en todo momento polo seguimento e control da calidade do noso servizo, para dar unha resposta perfecta á súa necesidade.