Axuda a domicilio

Somos unha empresa de atención domiciliaria, autorizada e homologada pola Xunta de Galicia, que presta servizos de atención sociosanitaria en toda a comunidade, a maiores ou persoas que presentan algún tipo de dependencia, discapacidade ou enfermidade.

IDADES Atención domiciliaria

Somos unha empresa especializada na prestación de servizos de atención sociosanitaria, baseándonos na calidade humana, profesional e personalizada. Co compromiso de respectar a confidencialidade e dignidade das persoas.

A nosa empresa nace froito da necesidade social de proporcionar axuda a aquelas persoas que polas súas condicións físicas, psíquicas, mentais, sociais ou familiares, teñen limitada a súa autonomía e precisan atención persoal.

SERVIZOS

Desde Idades baseámonos na calidade e na profesionalidade do servizo, cun equipo humano formado por coordinadores, traballadores/as sociais, enfermeiros/as, auxiliares de axuda a domicilio…que velan en todo momento polo seguimento e control de calidade do noso servizo, para dar unha resposta perfecta ás súas necesidades.

Realizamos diferentes traballos de mobilizacións,  hixiene persoal e a supervisión e administración de medicacións…

Prestamos os nosos servizos en diferentes puntos de Galicia. Estamos en diferentes localidades de, Pontevedra, Lugo, A Coruña, …

Acompañamento persoal na realización das actividades ou xestións necesarias da vida diaria da persoa usuaria.

Solicita o teu orzamento?

Se desexas contratar os nosos servizos e coñecer un orzamento axustado ás túas necesidades, podes solicitalo a traves dos diferentes medios de contacto ou mediante o noso formulario.

idades

A nosa finalidade é mellorar a calidade de vida, tanto dos usuarios do servizo como a dos seus familiares ou persoas implicadas.

Os nosos servizos axustaranse sempre ás necesidades do usuario, realizándoos sempre con…

SENSIBILIDADE, RESPECTO E PROFESIONALIDADE

O que nos distingue como empresa

Máis aló da profesionalidade dos nosos traballadores e da máxima calidade en todos aqueles servizos que prestamos, debemos destacar o que nos distingue como empresa:

A Sensibilidade

O trato cara ao paciente, só entendémolo desde a delicadeza, o agarimo e a comprensión cara á persoa atendida.

O Respecto

Preocuparse polo impacto das nosas accións nos usuarios é fundamental para nós, polo que actuamos positivamente, cun trato digno e humanitario.

A Profesionalidade

Preocuparse polo impacto dás nosas accións nos usuarios é fundamental para nós, polo que actuamos positivamente, cun trato digno e humanitario.

Contacta connosco

Se desexas contactar connosco podes facelo mediante o noso formulario de contacto, por teléfono ou visitando as nosas oficinas en:

Rua Pastor Diaz, Nº1, 2ºB, 36001, (Pontevedra).