A xestión empresarial debe ir da man da necesidades e demandas da sociedade, somos coñecedores diso, por iso Idades declara o seu compromiso coa Igualdade efectiva entre homes e mulleres dentro da entidade e a aplicación de políticas para a consecución deste compromiso, dentro do marco da Lei 3/2007.

Idades conta cun Plan de Igualdade e Protocolo de Acoso Laboral e Sexual, entre outras medidas. Así como un traballo diario pola integración das mulleres vítimas de xénero.