Política de calidade
A dirección de IDADES, empresa especializada na atención sociosanitaria en domicilios, nas súas diversas variantes, a maiores ou persoas que presentan algún tipo de dependencia, discapacidade ou enfermidade, consciente da importancia da calidade á hora de satisfacer as necesidades dos seus clientes, ten implantado na empresa un sistema de xestión da calidade , eficaz e adecuado ás súas necesidades, para obter a plena satisfacción dos seus clientes actuais e demostrar aos potenciais a súa capacidade para obter sempre uns servizos conformes en calidade.
As directrices xerais que se establecen son as seguintes:
- Proporcionar aos clientes servizos coa mellor calidade, ao menor custo posible e acorde cos requisitos e especificacións establecidas e coa normativa vixente aplicable.
- Establecer unha sistemática documentada para asegurar a calidade dos servizos, en todas as etapas do proceso.
- Asignar os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos de calidade definidos.
- Asegurar o cumprimento da lexislación vixente e vinculante aos que a organización se someta, en todas as súas actividades e instalacións.
- A detección de servizos defectuosos e a eliminación das causas que os orixinan.
- A integración de requisitos de calidade na planificación de novos procesos e na modificación dos xa existentes.
- Proporcionar formación a todos os empregados co fin de mellorar a Calidade.
- Análise permanente da información, tanto propia como a solicitada dos clientes, para previr fallos e mellorar os procesos e servizos de IDADES.
- Potenciar a concienciación de provedores na prestación de servizos de calidade.
A dirección de IDADES comprométese a apoiar esta política e a definir, revisar e manter permanentemente un proceso de mellora continua do sistema da calidade para así lograr os obxectivos establecidos dentro dun marco de cumprimento dos servizos en tempo, en calidade e respectuosos coas persoas coas que traballamos.
É obrigación de todos os traballadores de IDADES, dentro do seu ámbito de responsabilidade, o cumprimento do establecido no sistema.
Para asegurar que todo o persoal coñece, comprende e aplica esta política, esta é difundida mediante o taboleiro de anuncios. Tamén está ao dispor do público.